• Galego
  • Español

Xornada divulgativa sobre ENIL Loio Ruxidoira

Vostede está aquí

Xornada divulgativa sobre ENIL Loio Ruxidoira

Valores e iniciativas de xestión conxunta

 

FORESIN xunto co Concello de Paradela organizou o pasado sábado 4 de novembro unha xornada divulgativa sobre os valores naturais e patrimoniais que se atopan dentro do propio ENIL, así como as iniciativas de xestión conxunta que se encadran dentro de mesmo para a posta en valor.

A xornada dividiuse en tres bloques temáticos. O primeiro de eles versou sobre os valores naturais e patrimoniais que caracterizan e dan valor ao espazo. Para a súa impartición contamos cos actores que estiveron presentes tanto na elaboración do documento de xestión como na realización dos estudos específicos de flora e fauna do ENIL.

No segundo bloque, abordamos diferentes figuras de xestión conxunta do territorio que actualmente se están constituíndo nas inmediacións do ENIL. Establecendo como soporte técnico e administrativo a Lei de Recuperación de Terras Agrarias de Galicia, actualmente está en proceso de constitución un Polígono público para recuperar e aproveitar as antigas viñas presentes no ENIL, así como unha Agrupación Forestal  de Xestión Conxunta coa que se pretende poñer en valor parte dos soutos centenarios presentes no espazo. Para este segundo bloque contamos cos principais axentes implicados na creación e constitución destas dúas figuras de xestión.

Xa para finalizar, o terceiro e último bloque, contamos con exemplos inspiradores de xestión para este espazo natural, dando exemplo de como preservando os valores naturais, tamén é posible poñelos en valor dende un punto de vista produtivo.  Para este último bloque, catamos con profesionais con actividade no sector da castaña e do viño que nos contaron como foron os seus comezos facendo un paralelismo co estado actual dos terreos que forman parte das iniciativas de xestión presentes a día de hoxe do ENIL.

 

Cartel da Xornada

 

Ponencias

AXC Ribeira Sucastro, Roberto Cabo (PDF)

ENIL Loio Ruxidoira, María Escudeiro (PDF)

Fauna do ENIL Loio Ruxidoira, Francisco Conde (PDF)

Hábitats Vexetación do ENIL Loio Ruxidoira, Eva Martínez (PDF)

Polígono Agro Loio Ruxidoira, Alfredo Fernández (PDF)

 

Ver fotografías do evento

Concello de Paradela