• Galego
  • Español

Castros

Vostede está aquí

Hai no concello numerosos CASTROS. Destaca pola importancia dos seus achádegos o CASTRO DE BARÁN. É un dos máis notables de Galicia. Os importantes restos atopados están no Museo Provincial de Lugo, deles destaca unha fíbula do século V a.c.. No CASTRO DE CORTES tamén se atoparon pezas de gran valor, entre as que destaca unha escultura perfectamente labrada en granito que se conserva no Museo Provincial de Lugo.

Castros

Hai moitos outros castros no concello, destacando os de Castrelo, Delle-Santa María de Ferreiros, Aldosende, Santa Cristina, Guimarás, San Martiño, San Mamede, Moimentos e Mosteirovello.

Concello de Paradela