Leve unha bolsa na súa mochila, desta maneira evitará deixar lixo, o Camiño e a súa natureza necesitan o seu respecto e coidados.
Non altere nin apañe as señais oficiais, frechas amarelas, fitos coa quilometraxe, etc., aforrará sustos a outr@ peregrin@s e malestar ós habitantes do Camiño, el@s podenche sacar de máis de un aperto.
Fará moitos quilómetros e a hixiene é fundamental pero tampouco fai falla desbaldir a auga estando media hora debaixo da ducha.
Os servizos son cada vez máis e mellores, siga as normas d@s hospitaleir@s, facilitaralles o seu traballo, compórtese mellor que na súa propia casa, é beneficioso para tod@s.
Sexa puntual nas súas horas de peche, pense que aínda que queira ir á festa do pobo ou beber máis da conta hai outr@s peregrin@s que necesitan descanso.
Non apañe nada que non é seu nin axexe en mochilas alleas.
Atopará compañeir@s de diferentes idiomas, culturas e costumes, goce desa diversidade nun ambiente relaxado.
Decátese que acenos que aquí son normais noutros países están moi mal vistos e hai expresións que teñen significados diferentes dependendo do país aínda que estean no mesmo idioma.
Cada persoa é un mundo, por exemplo, a@s peregrin@s orientais non lles gusta que lles toquen e case seguro non contarán un problema persoal, polo contrario australian@s e sudamerican@ é doado que nos dean unha aperta.
As mulleres elixen como queren ser saudadas, en España o máis correcto é estreitar a man ás casadas ou que o estiveran, pero como en todas partes cómpre flexibilidade e empatía.
No Camiño e fóra, ante todo educación, respecto, senso, responsabilidade...
© Concello de Paradela
Política de privacidade e Aviso Legal
GaliciaDigital, 2018-2023