• Galego
  • Español

Santa María de Loio, orixe da Orde Militar dos Cabaleiros de Santiago

Vostede está aquí

O mosteiro de Sta. María de Loio (Cortes) é un lugar moi relevante na historia do Camiño de Santiago.

No lugar podemos visitar unha capela, recentemente restaurada, cunha imaxe de Santiago que resume o que alí sucedeu, o nacemento da Orde dos Cabaleiros de Santiago, fundada para a protección dos peregrinos e do sepulcro do apóstolo alá polos séculos IX-X.

A orde militar de Santiago ten orixes confusas, tanto na súa faceta castrense como na santiaguista, o seu primeiro antecedente parece remontarse ao século IX, cando xurde en Santiago a Irmandade dos “Cabaleiros Cambeadores”, que sinalan como a orixe dos “Cabaleiros de Santiago da Espada”.

Cando o rei coñece que os peregrinos eran asaltados e roubados, manda “a Brandeso seu capelán mor que dos mais altos fillosdalgo dela e dos pobladores que nela estuviesen, juntasse ante o Apóstol doce que coydasen das moedas, oro e prata e outros haberes que viñan de longas terras, que traguían os Romeyros…” Estes cabaleiros eran os templarios de Galicia que defendían aos peregrinos e gardaban o sepulcro do Apóstolo Santiago.

O rei funda “una cofradía de la espada de este divino patrón (Santiago) en Galicia, señalando trece calificados caballeros en memoria de Cristo y sus doce Apóstoles…origen de la Orden Militar de Santiago… en la cual hubo 42 maestres hasta que la incorporaron a su real corona los Reyes Católicos”. (Méndez Silva)

Pero a creación da Orde en toda a súa plenitude do que significo una nosa historia hai que situala no reinado de Fernando II. O profesor Amor Meilán recolle na súa “Historia da provincia de Lugo” (tomo IV) como foi a histórica asemblea que tivo en Sta. María de Cortes para a creación da Orde.

Unos cuantos nobles en linaje, insignes en sabiduría, fuertes en las armas y gloriosos en todo lo material, pero pobres en virtudes y viciosos…arrepentidos de su vida de disipación y escándalo, resolvieron sin abandonar las reglas de la caballería, a la cual pertenecían…, hacer vida común y someterse a una regla religiosa que fuese como norma de su conducta y designar entre ellos un Prefecto y otros dignatarios que los dirigiesen y guiasen.”

O intento dos cabaleiros acada fortuna e a Orde ten prestixio e a protección de reis, prelados e papas.

- O rei Don Fernando en 1170 incorpora a Orde a este mosteiro. Unidos en irmandade os cabaleiros e os canónigos, acordan facer as constitucións da mesma, nelas establécese que é no mosteiro onde se celebrarían os capítulos xerais, e que á morte do Maestre e ata a elección de outro, o prior da casa rexería o maestrazgo e a Orde toda.

- En 1171 o arcebispo de Santiago nomea canónigo da súa igrexa ao Maestre e a todos os seus sucesores, entregándolle unha bandeira cunha cruz bordada en forma de espada.

- O Papa Alejandro III, por medio da bula de 5 de xullo de 1175 aproba a constitución canónica da Orde, citando expresamente o mosteiro, o que demostra a grande importancia que acadou para a milicia xacobea.

Pero pronto xorden antagonismos entre os santiaguistas, creándose dous bandos, discrepancias que se agudizan no momento de elixir Maestre. Fan causa común os de Galicia e León fronte os de Castela. A elección de Fuencalada desgusta ao Conde de Sarria e isto foi seguramente o motivo de que se apartase da Orde, renunciado ao hábito e á encomenda maior que lle fora concedida e fundando outra milicia. Coa morte de aquel Maestre en 1184 volven as discordias entre os galaicoleoneses e os castelás que vencen de novo nomeando a don Fernando Díaz de Ávila, quen ao pouco tempo renuncia ó cargo e sucédelle o de Lemos.

Esta milicia, tivo o seu lugar de enterramento para os cabaleiros de Galicia no célebre lugar de Vilar de Donas.

Fonte: Elías Valiña Sampedro

 

Na capela deste lugar privilexiado, restaurada, unha imaxe de Santiago contanos sen palabras a orixe da Orde dos Cabaleiros de Santiago, nacida aquí para protexer ós peregrinos e o sepulcro do Apóstolo (séculos IX-X)

Dende o miradoiro abraiaraste das impresionantes vistas sobre o "caprichoso" río Miño.

 

Concello de Paradela