• Galego
  • Español

A Ribeira Sacra

Vostede está aquí

A Ribeira SacraA Ribeira Sacra baña este municipio nas parroquias de Loio, Castro San Martiño, San Facundo de Ribas de Miño e Aldosende. Esta zona é dunha gran riqueza paisaxística e natural, destaca a singularidade das paisaxes con viñedo en pendente nas zonas da ribeira e a beleza do monte da Trapa.

A Ribeira SacraO visitante poderá comezar a visita coas vistas de Belesar, onde en tempos secos descubrirá o antigo pobo de Portomarín e continuar o paseo ata o MIRADOR DE CABODEVILA, onde poderá disfrutar dunhas fermosas vistas sobre o río Miño. Desde alí, é visita obrigada o MOSTEIRO DE SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO, declarado monumento de interese nacional no ano 1982. Está formado polo templo parroquial e unha casa rectoral anexa. Conta con interesantes pinturas murais na igrexa.

A Ribeira SacraEste conxunto foi restaurado durante o ano 1997, recibindo en 1998 o Primeiro Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma. Con este galardón recoñecese o carácter orixinal da actuación realizada, en base a un proxecto dos arquitectos Alberte González Rodríguez e Jorge Salvador Fernández. Sendo a arquitectura notable, máis o é o contorno o é aínda máis o entorno: rodeado de viñedos que baixan polas ladeiras do monte da Trapa ata o río. Outro dos atractivos do lugar é que hai un embarcadoiro para o catamarán.

Xa no cumio do monte da Trapa o visitante descubrirá a ERMIDA DE PENARREDONDA. Construida no ano 1740, ten no seu interior retablos con incrustacións moi similares ás de San Facundo. O pé da ermida celébrase unha romaría o 8 de setembro en honor á Virxe de Penarredonda, á que se lle atribúen numerosas lendas e tradicións, sobre todo as referidas ós favores concedidos polas rogativas de choivas en tempo seco.

A Ribeira Sacra

Concello de Paradela