• Galego
  • Español

Xornada de educación ambiental para escolares no CEIP Plurilingüe San Miguel

Vostede está aquí

O Concello de Pardela en colaboración co CEIP Plurilingüe San Miguel, organizou unha xornada de educación ambiental para concienciar ao alumnado de primaria sobre a importancia de coidar a nosa contorna. A través de actividades lúdicas e educativas, os alumnos aprenderon a valorar a biodiversidade e a adoptar hábitos máis sostibles.

Data: 10 xuño de 2024

Lugar: CEIP Plurilingüe San Miguel

A xornada comezou cunha sesión introdutoria no colexio, onde se explicou aos nenos e nenas a importancia deste espazo natural para Paradela e as razóns polas que debemos protexelo. Fomentouse a súa participación, preguntando que accións poderían realizar para contribuír á súa conservación. A continuación, e equipados cun libro de actividades realizado polo equipo de Foresin, desprazámonos en autobús ata a aldea da Retorta. Desde alí, realizamos unha camiñada ata o muíño, durante a cal se lles presentaron as diversas especies vexetais e animais que habitan a contorna. Ao chegar ao río, levouse a cabo unha actividade práctica para analizar a calidade da auga e a súa relación co ecosistema fluvial. Tras unha merenda nun pequeno souto, continuaron resolvendo as actividades do libro divulgativo, profundando na súa comprensión da contorna natural. Finalmente, regresamos ao colexio ás 14:00 horas.

O Libro de actividade pode descargarse na pestana de descargas desta mesma web.

 

Ver fotografías do evento

Concello de Paradela