Programa Integrado de Emprego
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada iniciou a súa actividade ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2022, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicada no DOG 98 do 23 de maio de 2022; con cargo os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e os fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal
Forman parte deste Programa Integrado de Emprego os concellos de Carballedo, Taboada, Sober, O Saviñao, Pantón, Bóveda, Paradela, A Peroxa, Coles, San Cristovo de Cea e Chantada que constitúe a cabeceira do mesmo.
O seu obxectivo é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral de persoas en situación de desemprego; proporcionando, entre outros, información, orientación, asesoramento, formación, intermediación e prospección de emprego entre outros.
O número de participantes no programa ascende a 100 persoas desempregadas dos concellos membros. Polo tanto, trabállase, de xeito individual e tamén grupal con cada unha delas. Impartiranse tamén obradoiros e accións formativas do catálogo de especialidades do SEPE, así coma prácticas en empresas para acadar unha maior cualificación de cara ás demandas do mercado laboral, a así lograr o obxectivo final que é mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral.
Dende o programa tamén se realiza unha importante labor de prospección e intermediación laboral. Unha vez coñecidas as demandas reais do sector empresarial, así coma o perfil e o obxectivo profesional das persoas participantes, realizase emparellamento de ofertas de traballo entre as empresas e as persoas demandantes de emprego participantes para cubrir as necesidades específicas do mercado laboral
O requisito para todas aquelas persoas que desexen participar no próximo programa sería estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego.
Colectivos ós que vai destinado:
- Parados menores de 30 anos
- Parados maiores de 45 anos
- Persoas con discapacidade
- Persoas en risco de exclusión social
- Vítimas de violencia de xénero
Por asistencia ás accións do programa cada participante vai percibir 7 euros en concepto de desprazamento.
Datos de contacto para máis información:
Coordinadora do programa 623539465 (María José)