• 14 Sep 21

PLAN DE MOBILIDADE SOSTIBLE DE PARADELA

O concepto de mobilidade mudou para adaptarse ás novas realidades territoriais e sociais adoptando unha visón complexa, multimodal e multidimensional. Así, a superación do concepto ligado ao transporte urbano obrigado por motivos laborais e de viaxeiros e mercadorías baseado no automóbil, da paso a unha visión ligada ao dereito da cidadanía a ter accesibilidade ás actividades desenvolvidas sobre o territorio, sexan estas laborais ou de ocio, empregando o modo que mellor satisfaga as súas preferencias. Esta situación xunto co crecemento do nivel de motorización e os efectos medioambientais e sociais que ten o actual modelo de mobilidade require procurar unha modificación no reparto modal de cara a acadar unha mobilidade máis sostible.

No que respecta por exemplo á mobilidade peonil, Paradela fixo nos últimos anos un esforzo importante no que respecta á adecuación da súa rede de sendas peonís e apertura de roteiros novos, como por exemplo o paseo fluvial da Ruxidoira no centro da vila, os roteiros do Loio e de San Facundo así como varias obras de adecuación e mantemento no Camiño de Santiago.

Descargar plan en PDF (264 Mb)