Medio cento de usuarios de Aspnais farán un tramo do Camiño de Santiago en Paradela con motivo do Bicentenario do Concello
Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, por colaboración entre o Concello e a Asociación de Pais e Titores de persoas con discapacidade intelectual (ASPNAIS) medio cento de usuarios desta institución lucense, percorrerán o próximo mércores un tramo do Camiño de Santiago nas terras de Paradela, acompañados de formadores e directivos desta institución, representantes do Concello e da Xunta de Galicia.
Os camiñantes serán recibidos e agasallados en Ferreiros, arredor das 12:00 h., polas autoridades que os acompañarán no Camiño, percorrendo a continuación o tramo entre os pobos de Ferreiros e As Cortes, de arredor de dous km.
No Campo da Festa de As Cortes almorzarán, e serán agasallados con tarta de Paradela. Voltarán a Lugo no autocar fletado polo Concello para este fin arredor das cinco da tarde.