Javier Arias e o alcalde de Paradela abordan as actuacións de competencia da Xunta no concello
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Paradela, José Manuel Mato, para tratar sobre diferentes temas de interese municipal.
A xuntanza, que tivo lugar esta mañá na Delegación Territorial de Lugo, serviu para analizar as principais demandas e necesidades do concello de Paradela naqueles ámbitos que son de competencia da Administración autonómica.