• 16 Jan 23

Educación financeira para a mocidade

Abanca e Afundación veñen de lanzar un novo programa de educación financeira, titulado ‘Pon o teu diñeiro a salvo’, que ten como obxectivo dotar ás novas xeracións de competencias dixitais que lles permitan facer fronte á ciberdelincuencia. Está dirixido ao alumnado de ESO e FP Básica, Media e Superior.

Esta proposta formativa contribuirá a que os novos estudantes adquiran os coñecementos necesarios para poder utilizar dun modo seguro, crítico e responsable as tecnoloxías dixitais, incluíndo especificamente contidos relacionados coa ciberseguridade.

A actividade, que ten carácter gratuíto, está exposta para desenvolverse en dúas sesións. Os docentes que desexen inscribir aos seus estudantes poden facelo a través da web https://pontudineroasalvo.afundacion.org/ ou por correo electrónico, na dirección pontudineroasalvo@afundacion.org.

Unha vez realizada a inscrición, o profesorado recibirá todos os materiais e recursos necesarios para traballar estas temáticas dun modo flexible e adaptado á programación do curso.

https://pontudineroasalvo.afundacion.org/