DECRETO DE SUSPENSIÓN DO PLENO ORDINARIO E DA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS
DECRETO DA ALCALDÍA – PRESIDENCIA
DON JOSÉ MANUEL MATO DÍAZ // En Paradela, na data da sinatura Vista a convocatoria da sesión ordinaria do Concello Pleno efectuada en data 27/07/2020, e a convocatoria da sesión extraordinaria da Comisión Especial de Contas efectuada en data 25/07/2020.
En atención as últimas noticias confirmando un brote de coronavirus no Saviñao, consecuencia dunha celebración familiar na parroquia de Reiriz, á que asistiron veciños residentes en Paradela e que deron positivo na COVID-19.
Visto que nese intre existen varios membros da Corporación de Paradela en cofinamento no seus domicilios, por contacto directo con algunha persoa das contaxiadas, á espera de realización das probas de detección da infección, non procede a celebración das sesións dos órganos colexiados convocadas para o día 30/07/2020, posto que, nas condicións actuais non é factible garantir a seguridade dos asistentes as mesmas.
Á vista dos antecedentes expostos e en atención as competencias que me atribúe o artigo 21.1.m) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Suspender de maneira excepcional o Pleno Ordinario a celebrar o vindeiro xoves, día 30/07/2020, ás 13:00 horas.
SEGUNDO.- Suspender de maneira excepcional a convocatoria da sesión extraordinaria da Comisión Especial de Contas do día 30/07/2020, ás 12:00 horas.
TERCEIRO.- Comunicar o presente acordo á Corporación Municipal para o seu coñecemento e aos efectos oportunos.
CUARTO.- Publicar este acordo na páxina web municipal.
Así o mandou o Sr. Alcalde – Presidente, do que eu, como Secretaria, certifico.
En Paradela, na data da sinatura.