CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA E O CONCELLO DE PARADELA PARA O PROXECTO DE SINALIZACIÓN VERTICAL NO CONCELLO
En cumprimento dos compromisos das partes previstos no Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Paradela para o Proxecto de sinalización vertical no Concello, asinado o 2 de outubro de 2018.
Por medio da presente dase publicidade ao citado convenio que ten por obxecto a sinalización vertical no Concello mediante a instalación de monolitos de benvida ao Concello, indicadores en chan urbano dos principais edificios e servizos públicos así como a carteis frecha con indicación dos principais elementos pertencentes ao patrimonio histórico artístico e humano do Concello; co fin de por en valor turístico os recursos turísticos do Concello.
O importe total ascendeu a 39.980,50€ financiados na súa totalidade pola Axencia de Turismo de Galicia.