CELEBRACIÓN DO CENTENARIO DE JOSÉ SALVADOR LÓPEZ DÍAZ
O pasado 9 de xuño O Concello de Paradela brindou homenaxe ao veciño centenario José Salvador López Díaz, que cumpriu 100 anos na súa casa rodeado da súa familia. Salvador estaba emocionado e algo nervioso. Gozou de boa saúde e sempre foi unha persoa sociable e falangueira a que lle gustou ir ben "arreglado". Nos últimos anos as pernas e a columna son as que máis problema lle están a dar e pouco terman xa do seu corpo. Aínda así vive unha boa vellez e ten a sorte de poder disfrutala ao carón da súa muller Pura, que este ano cumpre os 98 anos, do seu fillo Mario e a nora Teresa.
Recibiu a visita do Alcalde de Paradela que o agasallou cun ramos de flores, unha praca conmemorativa do centenario e unha tarta. Tamén recibiu unha foto dun dos últimos anos que asistiu a Festa dos Avós que organiza o Concello de Paradela e que posaba xunto coa súa muller. José Salvador mostrouse moi emocionado e agradecido polos agasallos e polas mostras de cariño recibidas. Soprou as velas e charlou animadamente cos presentes.