Bando: Axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C
A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
O importe da axudas será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C. O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.