• 24 May 23

ACTA DO FALLO DA XXVIII EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ

Reunidos no Salón de Sesións do Excmo. Concello de Paradela, sendo as trece horas do día vinte e tres de maio de dous mil vinte e tres, o xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz, Alcalde - Presidente do Concello de Paradela como Presidente;; D. Xesús Mato Mato (Crego e musicólogo); D. Xulio Xiz Ramil (escritor e xornalista); D. José Antonio Giz Paz (director de Galicia Digital) e D. Ángel Fernández López (escritor e fillo predilecto de Paradela) como vogais; e D. Manuel Piñeiro López, Secretario accidental do Concello de Paradela, que da fe do acto.

Constituíuse o xurado en forma e coa ausencia de D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, D. Xavier Rodríguez Barrio, D. Santiago Rodríguez López que delegaron e remitiron as súas valoracións nos membros do xurado que asisten ao acto.

Nesta edición presentáronse oitocentas setenta e nove (879) obras, das cales trescentas setenta e nove (379) obras corresponden á categoría de poesía, e catrocentas sesenta e seis (466) obras á de narrativa, e trinta e catro (34) obras, na modalidade especial do Camiño de Santiago.

A continuación o xurado procedeu a cualificar as obras presentadas e atopadas conforme as bases no seu día aprobadas, sinalando o nivel alto dos participantes.

O xurado por unanimidade dos membros presentes, ACORDA:

PRIMEIRO.- Outorgar o primeiro premio de POESÍA, á obra presentada baixo o título “As palabras son cinzas por soprar”. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Dª. Maria Soledad García Riveiro de Nigrán (Pontevedra).

- Outorgar o segundo premio de POESÍA, á obra presentada co título “Os trapecios terreais”. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a D. Xoan X. Piñeiro Cochón, de San Martiño de Salcedo (Pontevedra).

Así mesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de POESÍA:

  • Primeiro Accésit, a obra presentada baixo o título “Casa deshabitada”. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a D. Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra.

  • Segundo Accésit, á obra presentada co título “A métrica da cinza”, cuxo autor é D. Lionel Rexes Martínez, de Alfoz (Lugo).

As dúas mencións de honra recaeron, na obra baixo o título “Días de confesións. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a D. Luis Lexandel Pita García, de CUBA, e a obra baixo o título “Lethoeus”, pertencendo a Dª. Begoña Graña Suárez, de A Coruña.

SEGUNDO.- Outorgar o primeiro premio de NARRATIVA, á obra presentada co título “Follas dun caderno de coiro marrón”. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Dª. Concepción Fernández López, de A Coruña.

- Outorgar o segundo premio de NARRATIVA, á obra baixo o título “Vamos con todo, Johnny”. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a D. Gabriel Estelrich Torrens, de Barcelona.

Así mesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de NARRATIVA:

  • Primeiro Accésit, á obra presentada baixo o título “El trueque”, compróbase que a súa autora é Dª. Celia dos Santos Hernández de Ibiza.

  • Segundo Accésit, á obra presentada baixo o título “Actor de raza”, sendo o seu autor D. Javier Vázquez Losada, de Madrid.

As dúas mencións de honra recaeron na obra baixo o título “Mañás grises”, cuxo autor é D.Tito Pérez Pérez, de A Coruña, e a obra baixo o título “El fantasma de Vila Drach”, pertencendo a D. Joaquin Pérez Ferriz de Alicante.

TERCEIRO.- Outorgar o premio de MENCIÓN ESPECIAL CAMIÑO DE SANTIAGO, á obra presentada baixo o título “Verba enxertada”. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Dª. Patricia Torrado Queiruga de Porto do Son (A Coruña).

Así mesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de MENCIÓN ESPECIAL CAMIÑO DE SANTIAGO:

  • Primeiro Accésit, á obra presentada baixo o título “O esvaecido”, compróbase que a obra pertence a Dª. Mª Goretti Fariña Caamaño, de Santiago de Compostela.

  • Segundo Accésit, á obra presentada baixo o título “La música del paisaje me acompaña en el Camino de Santiago”, sendo o seu autor D. Gerardo Santiago Medrano Barboza, de Nicaragua.

As dúas mencións de Honra recaeron na obra co título “Recuerdos del Camino” cuxo autor é D. Miguel Dopico Graña, de Oviedo; a obra baixo o título “El Camino y yo”, pertencendo a Dª. Natalí Mercado Valdivieso, de Costa Rica.