ACTA DO FALLO DA “XXIII EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTES RODRÍGUEZ LÓPEZ"
ACTA DO FALLO DA “XXIII EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTES RODRÍGUEZ LÓPEZ"
Reunidos no Salón de Sesións do Excmo. Concello de Paradela, sendo as doce horas e quince minutos do día trinta de maio de dous mil dezaoito, o xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela como Presidente; D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Dª. Mariña Gueimunde González (Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria); D. Santiago Rodríguez López (Fillo do homenaxeado); D. Xesús Mato Mato (Crego e musicólogo); D. Xulio Xiz Ramil (escritor e xornalista); D. Xavier Rodríguez Barrio (poeta) e D. Ángel Fernández López (escritor e fillo predilecto de Paradela) como vogais; e D. José López González, que da fe do acto.
Constituiuse o xurado en forma e coa ausencia de D. Valentín García Gómez, Dª. Mariña Gueimunde González, D. Xavier Rodríguez Barrio e D. Santiago Rodríguez López que delegaron e remitiron as súas valoracións nos membros do xurado que asisten ao acto.
Nesta edición presentáronse oitocentas corenta e oito (848) obras, das cales catrocentas dez (410) corresponden á categoría de poesía e catrocentas trinta e oito (438) á de narrativa.
Foi retirada unha (1) obra a instancia do autor; por resultar gañadora noutro Certame; polo que se someteron ao exame do Xurado, oitocentas corenta e sete (847) obras.
A continuación o xurado procedeu a calificar as obras presentadas e atopadas conforme as bases no seu día aprobadas.
O xurado por unanimidade dos membros presentes, acorda:
PRIMEIRO.- Outorgar o premio de POESÍA, á obra presentada baixo o lema “Tecendo verbas” e titalada VERSOS DE OUTONO. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Dona Sofía Carril Calvo de Arcos de Valdeorras- Vilamartín (Ourense).
Asimesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de POESÍA.
-Primeiro Accésit, a obra co e lema Dylan e título BAILE DE MÁSCARAS, cuxo autor é D. Alexander Aguilar López, de Cuba.
Segundo Accésit, á obra presentada baixo o título COMO LA NIEVE ENTRE LAS MANOS DE UN NIÑO cuxo autor é D. Luis Luís Leandel Pita García natural de Matanzas Cuba.
As mencións de Honra recaeron, na obra baixo baixo o lema e título KENSHŌ. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Don Simón Iglesias Posse, de Santa Cruz – Oleiros (A Coruña) e a obra co título A OUTRA MIRADA, cuxo autor é Don Obdulio Alonso López de Casas de Don Pedro (Badajoz).
SEGUNDO.- Outorgar o premio de NARRATIVA, á obra presentada baixo o pseudónimo Don Juan Balbuena e co título LA REBELDE PACÍFICA (O LA HACEDORA DE VERSOS INDOMABLES). Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Don Juan Carlos Pérez López natural de Torreperogil (Jaen) e residente en Bormujos (Sevilla).
Asemesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de NARRATIVA.
- Primeiro Accésit, á obra presentada baixo o lema e título REDENCIÓN, compróbase que a súa autora é Dona M. Victoria Rebollo Bote, natural de Almendralejo (Badajoz) e residente en Valencia.
- Segundo Accésit, á obra presentada baixo o lema Aqueles anos difíles e titulada LUCÍA, sendo o seu autor Don Santiago Casal Quintáns natural de Santiago de Compostela e residente en Oleiros (A Coruña).
As dúas mencións de Honra recaeron na obra baixo o lema Adilen13, e co título DESDE MI DEDAL, cuxa autora é Dona Nélida Leal Rodríguez de Cádiz e a obra baixo o título O FARO, pertencendo a Don Francisco Javier Fernández Dávila, de San Miguel de Oia (Vigo).