ABERTO O PRAZO PARA AS AXUDAS DE CONCILIACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
No DOG de onte publicouse a Orde do 2 de Xullo de 2024, de axudas da Consellería de Política Social, para apoiar a corresponsabilidade na atención dos fillos de ata 3 anos, ou de 12 anos no caso de que teñan discapacidade. Deixámosvos un breve resumo no que consiste esta axuda.
- Código do procedemento: SI440A-Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras que se acollan á situación de reducción da súa xornada de traballo.
- O procedemento de concesión: Concorrencia Competitiva.
- Incompatibilidades: Estas axudas son incompatibles con outras axudas públicas para o mesmo obxecto e finalidade.
- Persoas beneficiarias:
- As persoas beneficiarias serán aquelas que solicitaron unha reducción de xornada entre o 1 de agosto de 2023 ata o 31 de xullo de 2024. (Unidades familiares non monoparentales de proxenitores de distinto sexo, unidades familiares non monoparentales con proxenitores do mesmo sexo e unidades familiares monoparentales).
- Requisitos: Estar empadroado nalgún dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, ter convivido co fillo ou filla nese período de tempo, os ingresos da unidade non deben superar en 7 puntos o indicador público de renta de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2023, non estar incursa en ningunhas das circunstacias e prohibicións que se determinan no artigo 2 e 3 da Ley 9/2007. (presentarase declaración responsable).
- Descartaranse as solicitudes na que os proxenitores estén privados da patria potestade dos seus fillos, ou que a garda e custodia esté a cargo dunha institución pública.
6. Accións subvencionables:
- Fillos de ata 3 anos, e de ata 12 anos cunha discapacidade como mínimo dun 33%.
- Reducción de xornada dun 12.5 % como mínimo.
- Tamén se poden acoller persoas que adoptaran a un menor ou o teñan en réxime de acollemento. Para o menor de ata 3 anos de idade, non poden pasar 3 anos desde a decisión administrativa ou xudicial de collemento e resolución xudicial de adopción, e para o menor con discapacidade do 33% ou superior non poden pasar 12 anos.
- Período máximo subvencionable: 8 meses dende o 1 de agosto de 2023 ata o 31 de xullo de 2024 (ambas datas incluídas).
7. Cuantías. Para determinar o importe empregarase o método de costes simplificados, método de coste unitario, tamén estará en función da porcentaxe de reducción de xornada e duración, e fillos a cargo. As axudas están entre 1700 e 3700 euros.
8. Presentación e prazo:
- 1 mes a partir da data de publicación no DOGA.
- Obrigatorio a presentación da solicitude a través de medios electrónicos.
Ligazón ao DOGA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240808/AnuncioG0762-010824-0002_es.html