EXPOSICIÓN SOBRE MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ EN GUITIRIZ
Durante o mes de agosto poderá visitarse na Casa das Palabras de Guitiriz unha mostra sobre o poeta nado en Paradela, Manuel Rodríguez configurada por oito paneis dobres sobre a vida e a obra do autor. Esta exposición itinerante, que comezou o seu periplo en Paradela, estivo en distintos lugares como Lugo, Begonte, Portomarín, Sarria, Vilalba, Coruña, Santiago de Compostela, Madrid e Barcelona.
No acto de inauguración estiveron presentes o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o rexedor de Paradela, José Manuel Mato Díaz; a rexedora de Guitiriz, Regina Polín; Santiago Rodríguez, fillo do poeta; Luís González Tosar, presidente do Pen Clube; Xulio Xiz e Alfonso Blanco, de Xermolos, asociación que promove a mostra.