• 11 May 10

XV EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ

Reunidos no Salón de Sesións do Excmo. Concello de Paradela, sendo as  doce horas e trinta minutos do día nove de abril de dous mil dez, o xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela como Presidente; D.Santiago Rodríguez López (Fillo do homenaxeado); D. José Carlos Rodríguez Andina (Xefe Territorial de Lugo da Consellería de Cultura e Turismo); D. Xesús Mato Mato (Crego); D.Xulio Xiz Ramil (Funcionario da Delegación provincial de Cultura e Deporte); e D. Xavier Rodríguez Barrio (escritor) como vocais; e D. José López González, Secretario do Concello de Paradela, que da fe do acto.

 

 Constituido o xurado en forma e coa ausencia de D. Xavier Rodríguez Barrio e D. Santiago Rodríguez López, procedeuse a efectuar unha valoración da evolución experimentada polo Certame Literario dende a súa creación, cumprindo a súa XV edición, orixinando un balance altamente positivo, tendo en conta a dotación económica do premio e o carácter de pequeno municipio rural do Concello, e ano tras ano, prodúcese un maior participación tanto de escritores nacionais como extranxeiros, fundamentalmente dos paises latinoamericanos,  motivado en grande medida, polo feito de que as obras premiadas e accesits son posteriormente publicadas, o que supón un importante esforzo para o Concello de Paradela.

                       

 Destacar a dificultade do xurado, pola cantidade e calidade das obras presentadas, xa que media ducia de obras poderán ser obxecto de premio en ambas categorías.

           

 Presentáronse un total de 215 obras, 107 na categoría de poesía e 108 en narrativa. Das 107 obras na categoría de poesía, 90 están escritas en castelán e 17 en galego. No apartado de narrativa, das 108 obras, 12 foron escritas en galego e 96 en castelán.

           

 A continuación o xurado procedeu a calificar as obras presentadas e atopadas conforme as bases no seu día aprobadas.

 

 O xurado por unanimidade dos membros presentes, acorda:

 

 PRIMEIRO.- Outorgar o premio de POESÍA, á obra presentada baixo o título CADERNO DE LISBOA. Aberto o sobre comprobase que a obra pertence a Dª. Emma Pedreira, - A Coruña.

Asimesmo, o Xurado acorda outorgar dous  Accésit no apartado de POESÍA. 

  •  Accésit, á obra presentada baixo o lema EL PRECIO DE LA LIBERTAD, titulada TAN SOLO POR SER MUJER. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a D. Manuel García Díaz Pintado, con enderezo en Membrilla-Ciudad Real.
  • Accésit, á obra presentada baixo o lema RONCHI AUREA, titulada DEFENSA DA DOMESTICACIÓN. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Dª. Rosa Piñeiro Fariña, con enderezo en Santiago de Compostela.

SEGUNDO.-  Outorgar o premio de NARRATIVA, á obra presentada baixo o lema  VENDIMIADOR, titulada SIBILA Y HADA MAYOR DE LA RIBEIRA SACRA. Aberto o sobre comprobase que a obra pertence a D. Pepe Pol, con enderezo en Montefurado-Lugo.

Asimesmo, o Xurado acorda outorgar dous  Accésit no apartado de NARRATIVA

  • Accésit, á obra presentada baixo o lema XOANIÑA, titulo A MEIGA DO XIABRE. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Dª Noa María Carballa Rivas, con enderezo San Lorenzo de Nogueira – Meis (Pontevedra).
  • Accésit, á obra presentada baixo o lema POR GAIA, título O PAQUETE DO EMIGRANTE. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Dª. Mercedes Blanco Iglesias, con enderezo en Vigo (Pontevedra)

 

E para constancia do tratado, levantase a presente acta por sextuplicado exemplar, que é asinado por todos os membros, en Paradela na data arriba indicada, sendo as trece horas e trinta minutos, do que eu, como Secretario dou fe.

 

 

ASDO: JOSÉ MANUEL MATO DÍAZ                                          ASDO: SANTIAGO RODRÍGUEZ LÓPEZ

 

ASDO: D. J. CARLOS RODRÍGUEZ ANDINA                        ASDO: XESÚS MATO MATO                                 

 

ASDO: XULIO XIZ RAMIL                                                    ASDO: XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO

 

ASDO: JOSÉ LÓPEZ GONZÁLEZ