• 07 Apr 15

EXPOSICIÓN PÚBLICA POLO PRAZO DE TRINTA DÍAS DA APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DA LIMPEZA DE TERREOS, DISTANCIAS DAS PLANTACIÓNS E XESTIÓN DA BIOMASA DO CONCELLO DE PARADELA

O Pleno deste Concello aprobou inicialmente, na sesión ordinaria do día 26 de marzo de 2015, a ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA LIMPEZA DE TERREOS, DISTANCIAS DAS PLANTACIONS E XESTION DA BIOMASA DO CONCELLO DE PARADELA. En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, exponse ao público na Secretaría deste Concello polo prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para os efectos de que durante este tempo poidan formular as reclamacións e suxerencias que consideren pertinentes, que deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde desta Corporación.

 

En data 7 de abril de 2015 publicouse no Boletín Oficial da Provincia nº 077 e no Taboleiro de Anuncios do Concello, o anuncio de exposición a información pública da aprobación inicial da ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA LIMPEZA DE TERREOS, DISTANCIAS DAS PLANTACIONS E XESTION DA BIOMASA DO CONCELLO DE PARADELA.

 

Descargar ordenanza en PDF