• 18 Nov 14

TALLERES DE COEDUCACIÓN NO CEIP SAN MIGUEL LUNS 23 E MARTES 25 DE NOVEMBRO

Co gallo da conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero, que terá lugar o vindeiro martes, o concello de Paradela desenvolverá, a través do Centro de Información á Muller, dous talleres destinados ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP San Miguel. Promover un desenvolvemento persoal libre da limitación imposta polos estereotipos e roles de xénero e producir cambios no pensamento, as actitudes, o comportamento e a visión que os axentes de socialización nos dan da sociedade, son os obxectivos principais destas actividades, que se enmarcan na liña estratéxica 1 do II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2012-2015 da entidade: "Corrixir desigualdades".

 

Con estas prácticas coeducativas, integradas na cotianidade do centro (desenvolveranse o luns 23 e o martes 24 en horario de tarde, 13:50-15:30 horas), buscase previr ou compensar as desigualdades que persisten e se perpetúan dun xeito sutil; favorecer o desenvolvemento persoal, grupal e social a través dunha perspectiva lúdica e fomentar os valores da cooperación, a solidariedade e a dignidade humana como principios fundamentais dunha sociedade democrática e participativa.