A EXPOSICIÓN MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, NA BIBLIOTECA NODAL DE A CORUÑA
O martes 16 de setembro, ás 13:00 horas, na Biblioteca Nodal Miguel González Garcés, en A Coruña, vai ser inaugurada a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro” que, promovida por GaliciaDigital e a familia do escritor, conta co apoio do Concello de Paradela, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia), Real Academia Galega e as Secretarías Xerais de Política Lingüística e Cultura da Xunta de Galicia.
No mesmo acto presentaranse tamén as publicacións MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ (que recolle os contidos dos dezaseis paneis da exposición) e ANTOLOXÍA (feita por Santiago Rodríguez e Xesús Alonso Montero, e comentario do profesor e presidente da Real Academia).
Neste acto de inauguración teñen confirmada a súa participación o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde de Paradela, José Manuel Mato; a viúva do escritor, Irene López e Antonio Giz, Director de GaliciaDigital.
A Mostra está formada por 8 paneis dobres nos que se expoñen de xeito moi gráfico anacos da vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do seu concello natal. Chega esta exposición itinerante á Biblioteca Nodal da Coruña, despois de poder contemplarse en Paradela, Lugo (Museo provincial), Begonte (Casa da Cultura), Sarria, Portomarín, Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego) e Vilalba. A comezos do próximo mes de outubro, a mostra viaxará a Cataluña, terra na que Manuel Rodríguez López escribiu a maior parte da súa obra.
Máis información sobre o proxecto na súa web oficial: www.manuelrodriguezlopez.org.