A XUNTA SOLICITA LICENCIA PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA EN PARADELA
A Consellería de Traballo e Benestar, presentou ante o Concello de Paradela a solicitude de obra de construción dunha residencia con dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal.
O edificio constará de dúas plantas: A planta alta contará con oito habitacións dobres e oito individuais, uns pequenos oficios limpos, unha sala de enfermería e control e zonas de estar para os usuarios. A planta baixa albergará todos os espazos necesarios para cubrir as necesidades dos usuarios, dende o comedor ata as salas de curas e rehabilitación pasando pola zona de administración e centro de día para non residentes.
O orzamento de execución por contrata ascende a 1.632.947.39 euros. O concello prevé segundo os trámites urbanísticos en curso outorgar a licenza correspondente no prazo dun mes, mentres a administración autonómica conta con rematar o procedemento de adxudicación no mes de setembro.
A obra está deseñada para unha posible ampliación no futuro.