• 18 Jun 14

BANDO SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

DON JOSÉ MANUEL MATO DÍAZ, ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE PARADELA.

 

FAGO SABER

 

A lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola lei 7/2012, 28 xuño, de montes de Galicia, no seu artigo 21, regula diversos aspectos, entre os que cabe destacar os seguintes:

 

As persoas propietarias, arrendatarias e usufrutuarias de terreos forestais e das zonas de influencia forestal, así como titulares ou concesionarias de infraestruturas públicas situadas neles, TEÑEN A OBRIGA DE MANTELOS EN CONDICIÓNS que contribúan a previr ou evitar os incendios forestais...  xestionando a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como arredor de edificacións, vivendas illadas...

 

Tendo coñecemento esta Alcaldía da existencia de maleza e monte baixo en moitas parcelas do concello, así como a existencia de árbores en núcleos de poboación.

 

FAGO SABER:

 

Que os titulares das fincas deste Concello, deben proceder á limpeza das mesmas,  tal e como regula a lei 3/2007, co fin de evitar ao máximo o risco de  incendios forestais e dar cumprimento ao establecido pola lexislación vixente na materia.

 

O ALCALDE,

 

Descargar bando en PDF