BANDO SOBRE OUTORGAMENTO DE AUTORIZACIÓNS PARA VERBENAS E FESTAS POPULARES
DON JOSÉ MANUEL MATO DÍAZ, ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE PARADELA.
FAGO SABER
A Lei 9/2013 do 19 de decembro, do emprendemento e da competividade económica de Galicia, no seu artigo 42, regula diversos aspectos, entre os que cabe destacar os seguintes:
PRIMEIRO.- As verbenas e festas populares sen instalación de escenarios móbiles, non precisan de licenza municipal, resultando suficiente para a súa celebración a comunicación previa ao Concello.
SEGUNDO.- No caso de que se vaian utilizar escenarios ou estruturas móbiles, entendendo por tal tanto as orquestras que actúan sobre escenarios móbiles e as atraccións (coches eléctricos, inchables, carruseis...) deberase presentarse pola Comisión de Festas, a seguinte documentación:
- Seguro de responsabilidade civil.
- Memoria descritiva do lugar; datas e horarios; actuacións a desenvolver; previsión de asistentes así como a relación de escenarios ou estruturas móbiles que van a acudir a festa.
- Boletín eléctrico da instalación (asinado por técnico competente).
- Declaración de conformidade do fabricante CE e copia da documentación da ITV conforme, correspondente ao escenario móbil ou documento análogo acreditativo do estado de idoneidade do mesmo (asinado por técnico competente).