APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO E A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día trinta de xaneiro de 2014, aprobou inicialmente o REGULAMENTO E A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.
Publicado o anuncio de aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia núm. 032 de data 8 de febreiro de 2014 exponse ao público por un prazo de trinta días, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas.
Descargar Ordenanza Fiscal (PDF)