• 28 May 13

MARÍA CONSOLACIÓN MONTERO LÓPEZ, VECIÑA DE PARADELA, CELEBROU O SEU 105 ANIVERSARIO

María Consolación Montero López, veciña de Paradela, cumpriu 105 anos o sábado 25 de maio e para celebralo foi homenaxeada polos seus familiares e o Concello de Paradela, nunha comida na que o Alcalde lle fixo entrega dun ramo de flores e un regalo.