• 24 Apr 13

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O ENIL LOIO RUXIDOIRA

O venres, 26 de abril ás 12:00 h haberá no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López unha charla informativa sobre que é un Espazo Natural de Interese Local, e en particular sobre o ENIL Loio-Ruxidoira, que vén de ser declarado como tal polo Consello da Xunta ( DOG nº 38 de 22 de febreiro de 2013).

 

O ENIL Loio-Ruxidoira ocupa 437 Hectareas que se localizan nas parroquias de Loio, Castro San Martiño, Cortes, Castro (San Mamede), Laxe, Suar, San Miguel, Vilaragunte, Francos, Barán e Ferreiros.