• 04 Jun 12

II TORNEO DE FÚTBOL SALA DO CONCELLO DE PARADELA

Durante o 1, 2 e 3 de xuño celebrouse no polideportivo do Concello de Paradela o II Torneo de fútbol sala organizado polo Concello de Paradela coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, no que participaron dezaseis equipos.

 

Foi o xogador do Sevilla Diego López o encargado de entregar os premios, o equipo campión foi Cervexería Dpot e o subcampión foi o equipo de Quiroga Chapakuñas, cun resultado final de 5 a 3. O terceiro e cuarto lugar foron para Seguros Gonzalo e Mesón Roberto. O premio ao mellor equipo de Paradela foi para CO2, Manu do equipo Chapakuñas levou o do mellor xogador, o mellor porteiro foi Luismi do equipo Seguros Gonzalo e o máximo goleador foi Jacob de Seguros Gonzalo.

 

Durante o torneo celebrouse ademais un partido na categoría de prebenxamín con nenos da comarca.