O SUBDELEGADO DO GOBERNO EN LUGO VISITA PARADELA
O Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo Páez realizou unha visita institucional o 28 de maio de 2012 ao Concello de Paradela. Nela asinou no libro de honor e entrevistouse co alcalde e cos concelleiros, aos que lles trasladou o seu desexo de promover unha estreita relación entre a administración que representa e o Concello.