PROGRAMA “BENESTAR EN BALNEARIOS 2012"
Está aberto o prazo para solicitar o Programa “ BENESTAR EN BALNEARIOS” 2012 dependente da Consellería de Traballo e Benestar ata o 11 de maio de 2012.
REQUISITOS:
-
Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
-
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
-
Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
-
Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia.
-
Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
-
Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61 €.
-
Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado, no prazo e termos que se establecen nos apartados que se indican na resolución.
* Asi mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reunan as condicións dos apartados b), c), d), e), f) e g).
As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta das beneficiarias.
Para máis información e presentación de solicitudes, poderán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais deste Concello.