• 15 Jul 11

DIEGO LÓPEZ, GARDAMETA DO VILAREAL, ENTREGA OS PREMIOS DA I XUNTANZA DE FÚTBOL SALA ALEVÍN DO CONCELLO

O sete de Xullo celebrouse unha xuntanza de fútbol sala alevín na que participaron catro equipos: Portomarín, Sarria, Paradela e Chantada. Os partidos celebráronse durante a mañá, participaron tamén dous equipos femininos. Foi o gardameta paradelense do Villareal, Diego López o encargado de entregar os trofeos aos participantes no torneo.

 

Pola tarde, os participantes realizaron un tramo da ruta do Loio (PRG 14), onde se fixo unha parada para comer. Na actividade colaboraron Albergue Mercadoiro, Talleres González, Bar Ruxedoira e Bar Piscinas.