• 03 May 11

XVI EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ

Reunidos no Salón de Sesións do Excmo. Concello de Paradela, sendo as doce horas e quince minutos do día vinte e nove de abril de dous mil once, o xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela como Presidente; D. José Carlos Rodríguez Andina (Xefe Territorial de Lugo da Consellería de Cultura e Turismo); D.Santiago Rodríguez López (Fillo do homenaxeado); D. Xesús Mato Mato (Crego); D.Xulio Xiz Ramil (Funcionario da Delegación provincial de Cultura e Deporte); e D. Xavier Rodríguez Barrio (escritor) como vogais; e D. José López González, Secretario do Concello de Paradela, que da fe do acto.

 

Constituido o xurado en forma e coa ausencia de D. Xavier Rodríguez Barrio e D. Santiago Rodríguez López, procedeuse a efectuar unha valoración da evolución experimentada polo Certame Literario dende a súa creación, cumprindo a súa XVI edición, orixinando un balance altamente positivo, tendo en conta a dotación económica do premio e o carácter de pequeno municipio rural do Concello.

 

Nesta XVI edición, presentáronse un total de 158 obras, 72 na categoría de poesía e 86 en narrativa. Das 72 obras na categoría de poesía, 42 están escritas en castelán e 30 en galego. No apartado de narrativa, das 86 obras, 26 foron escritas en galego e 60 en castelán.

 

Resaltar o feito de que a maior parte das obras foron presentadas a través de medios telemáticos, o que se traduce na evolución do Certame cos tempos que corren e o esforzo do Concello en facilitar aos autores os medios de presentación das súas creacións.

 

Suliñar o destacado incremento de obras presentadas en lingua galega, en ambas categorías e a dificultade do xurado, pola cantidade e a alta calidade das obras presentadas, como se ve na importancia dos distintos escritores premiados ao longo da vida do Certame e no feito de que na categoría de poesía concédense tres accesits nesta XVI Edición, cando habitualmente só se concedían dous.

 

A continuación o xurado procedeu a calificar as obras presentadas e atopadas conforme as bases no seu día aprobadas.

 

O xurado por unanimidade dos membros presentes, acorda:

 

PRIMEIRO.- Outorgar o premio de POESÍA, á obra presentada baixo o lema Bembo, titulada PEQUENO ALMORZO. Aberto o sobre comprobase que a obra pertence a Beatriz Lorenzo de Ourense.

 

Asimesmo, o Xurado acorda outorgar tres Accésit no apartado de POESÍA.

 

-Accésit, á obra presentada baixo o lema Gagarin, titulada HIMNO Y LAMENTACIÓN DEL HOMBRE CÓSMICO. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a José María Calo, natural de Santiago e residente en Zaragoza.

-Accésit, á obra presentada baixo o lema O máis sagrado e máis ti, titulada SAGRADO É. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Pablo Núñez González de Lugo.

-Accésit, á obra presentada baixo o lema Birimbao, titulada O CANTAR DE PARADELA. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Marcial González Vigo de Lugo.

 

SEGUNDO.- Outorgar o premio de NARRATIVA, á obra presentada baixo o lema Caminantes nocturnos de Gulú, titulada CAMINANTES NOCTURNOS DE GULÚ. Aberto o sobre comprobase que a obra pertence a Xosé Manuel Dopazo Mella, de San Fins de Sales –Vedra.

 

Asimesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de NARRATIVA

- Accésit, á obra presentada baixo o lema Os do Roxo, co título OS NÓS DAS MADEIRAS. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Clara Isabel Rodríguez Giraldez (Clara do Roxo) de Vigo.

- Accésit, á obra presentada baixo o lema Agostado da Toga, título AUTOBIOGRAFÍA DUN DIFUNTO. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Francisco Rozados Rivas de Forcarei.