• 15 Mar 11

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "O NADAL CHEGA O TEU POBO"

O día 15 de marzo, ás 11:30 horas foron entregados os premios do III CONCURSO "O NADAL CHEGA O TEU POBO" que se celebra cada ano en Paradela. O primeiro premio foi para un belén de inspiración xacobea elaborado por Milagros e José Angel de Vilar de Aldixe (Paradela), o segundo premio foi para o CEIP San Miguel de Paradela e o terceiro premio foi para os veciños do Campo da Feira. Hai que destacar tamén a excelente participación de Mª Sol Arias López en Guimarás, Guillermo Lamas González en Moutrás e de Isabel Fernández López e Edita Pérez Pérez en Paradela.

 

Entrega de Premios