• 11 Mar 11

PROGRAMA ACCIÓN DE VERÁN 2011

JOSÉ MANUEL MATO DÍAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PARADELA, FAI SABER QUE:

 

Atópase aberto o prazo ata o 22 de marzo para que os nenos/as e xóvenes participen no programa ACCIÓN DE VERÁN- 2011:

 

-CAMPAMENTOS para rapaces de 9 a 17 anos.

-ACTIVIDADES para rapaces de 18 a 35 anos: estadías de multiaventura e deporte.

 

Se estades interesados, podedes dirixirvos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Paradela situada no Centro Social Manuel O. Rodríguez López (Tlf: 982-541096) de 16:00 a 21:00 horas.

 

Paradela, a 09 de marzo de 2011

 

O Alcalde-Presidente