• 28 May 19

CERTIFICADO ACTA DO FALLO DA “XXIV EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTES RODRÍGUEZ LÓPEZ"

Reunidos no Salón de Sesións do Excmo. Concello de Paradela, sendo as doce horas e quince minutos do día vinte e oito de maio de dous mil dezanove, o xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela como Presidente; D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; D. Santiago Rodríguez López (Fillo do homenaxeado); D. Xesús Mato Mato (Crego e musicólogo); D. Xulio Xiz Ramil (escritor e xornalista); D. Xavier Rodríguez Barrio (poeta) e D. Ángel Fernández López (escritor e fillo predilecto de Paradela) como vogais; e D. José López González, que da fe do acto.

Constituiuse o xurado en forma e coa ausencia de D. Valentín García Gómez, D. Xavier Rodríguez Barrio e D. Santiago Rodríguez López que delegaron e remitiron as súas valoracións nos membros do xurado que asisten ao acto.

Nesta edición presentáronse setecentas setenta (770) obras, das cales trescentas cincuenta obras (350) corresponden á categoría de poesía e catrocentas vinte (420) á de

A continuación o xurado procedeu a calificar as obras presentadas e atopadas conforme as bases no seu día aprobadas, sinalando o nivel alto dos participantes, sobre todo en narrativa donde hai moita calidade e resultou moi dificultoso outorgar só cinco premios.

O xurado por unanimidade dos membros presentes, acorda:

PRIMEIRO.- Outorgar o premio de POESÍA, á obra presentada baixo o lema “Ceo limpo” titulada CANDO OS NENÚFARES PODREZAN. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Don Carlos López Fernández, nado en Ferrol e residente en Vilalba (Lugo).

Así mesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de POESÍA.

-Primeiro Accésit, a obra co lema O tempo da paz perpetúa e título AMIGO MEU, cuxo autor é D. Esteban Perelló Renedo, natural de Barakaldo e residente en Valladolid.

Segundo Accésit, á obra presentada co lema Saúl, e o título EL ECO DEL LATIR cuxo autor é D. Crecencio Blanco Paez, natural de Cuba.

As mencións de Honra recaeron, na obra baixo o título EL TIEMPO SIN TRAMPAS. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Dona Tamara García Carralero, de Galdakano - Vizcaia e a obra baixo o lema Horizontes, co título DESEOS, cuxo autor é Don Jesús G. Moreda Gamundi, de Castellón.

SEGUNDO.- Outorgar o premio de NARRATIVA, á obra presentada baixo o lema Alba e co título RONSEL DE ESTRELAS. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Don Xulio Romero Suárez, de Arteixo (A Coruña).

Así mesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de NARRATIVA.

- Primeiro Accésit, á obra presentada baixo o título EL CASO DE DIOS, compróbase que o seu autor é Don Antonio Galdón Palomares, natural de Alcira (Valencia).

- Segundo Accésit, á obra presentada baixo o título EL SUEÑO Y VISIÓN DE CONSTANTINO. EL MANUSCRITO OCULTO DE LACTANCIO, sendo o seu autor Don Juan Ramón Blanco Aristín, natural de Palencia e residente en Galapagar (Madrid).

As dúas mencións de Honra recaeron na obra baixo o lema Mr. Jones, e co título GALERNA, cuxo autor é Don Carlos Serrano Lorigados, de Cantabría e a obra baixo o lema Farruco, e co título SANTA COMPAÑA, pertencendo a Don Eloy Rodríguez Vidal, natural de Ferrol e residente en Londres.

E para constancia do tratado, levántase a presente acta, que é asinada por todos os membros, en Paradela na data arriba indicada, sendo as trece horas e quince minutos, do que eu, como Secretario dou fe.

 

Descargar Certificado Acta Oficial en Formato PDF