USOS PERMITIDOS
Con carácter xeral, considéranse usos permitidos os seguintes:
A execución de tarefas de retirada de especies invasoras.
A práctica da pesca, cumprindo o establecido na Orde anual de pesca, pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autonómica de Galicia.
O uso recreativo e as actividades de tempo libre, que non provoquen un deterioro das condicións naturais do ENIL. As actividades de tempo libre, tales como navegación e flotación, sempre que o caudal do río posibilite a súa práctica, deberán cumprir o disposto no Regulamento do Dominio Público Hidráulico, nos seus artigos 55 a 68 da sección 3ª, capítulo II, Título II
Obras de mellora nas vías sen que supoña un deterioro dos valores naturais que se pretenden protexer.
Muros de contención, peche e valado de fincas, sempre e cando non afecten á zona de servidume para uso público e adecuándose ao establecido no artigo 33.2 da Lei do Solo.
En xeral, calquera actividade destinada a mellorar as condicións naturais e paisaxísticas deste espazo ou a facilitar a realización de actividades científicas e didácticas, así como escolares e divulgativas.
USOS AUTORIZABLES
Considéranse sometidos a autorización administrativa os seguintes usos:
A escavación ou modificación da topografía do terreo.
Aquelas actividades que supoñan unha perda dos valores considerable, un deterioro significativo dos ecosistemas ou unha alteración apreciable das condicións de habitabilidade para as especies presentes no ENIL.
A apertura de camiños e movemento de terras, ademais das vías de saca de madeira. É preciso destacar que, tanto os camiños ou as vías que se atopan no dominio público hidráulico e na súa zona de policía requirirán autorización previa do Organismo de Conca.
As construcións e instalacións destinadas a establecemento de acuicultura.
© Concello de Paradela
Política de Privacidad y Aviso Legal
GaliciaDigital, 2018-2021