• 13 Jun 24

Campamento de Verán 2024

Dirixido a nenos e nenas empadroados non Concello de Paradela  que cursen estudos en calquera Centro de Educación Infantil e Primaria con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. Tamén poderán participar nenos e nenas co perfil de idade mencionado anteriormente que estean empadroados noutros Concellos pero que teñan vinculación familiar con persoas empadroadas no Concello de Paradela.

PREINSCRICIÓN: Do 17 ao 28 de xuño nas oficinas xerais ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Paradela

TEMPORALIZACIÓN: Do 1 de xullo ao 30 de agosto (ambos incluídos en días lectivos).

HORARIO: De 10 a 13.30

LUGAR: Polideportivo do Colexio Público de Paradela. Dependendo das condicións climatolóxicas programaranse actividades noutras localizacións do Concello: piscina municipal ou visitas na contorna do Concello.

EMPRESA XESTORA DO CAMPAMENTO:    COESCO S.L.U