Axudas a menores de 30 anos para crear unha empresa
A Xunta de Galicia convoca axudas a persoas autónomas:
Programa do bono das persoas autónomas
Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde unha subvención do 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co formulario TR341Q
O prazo estará aberto ata ás 9.00 horas do día 29 de setembro de 2023.
Xempre autónomo
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
Contía da subvención
2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se inclúan nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
a) Persoas menores de 30 anos.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Persoas desempregadas con discapacidade o en situación de dependencia.
d) Persoas desempregadas que estean en situación ou risco de exclusión social.
e) Persoas maiores de 55 anos.
A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable á letra e) do punto 1.2 deste artigo).
d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira.
e) Persoas trans.
f) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada,
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co formulario TR341D
O prazo estará aberto ata ás 9.00 horas do día 29 de setembro de 2023.
Máis información no DOG do 24 de xaneiro de 2023 e en https://oficinadoautonomo.gal/gl