Aberto o prazo para solicitar praza no Programa “BENESTAR EN BALNEARIOS”
Está aberto o prazo para solicitar praza no Programa “BENESTAR EN BALNEARIOS” dependente da Xunta de Galicia, cos seguintes REQUISITOS:
a)Ser maior de 60 anos, ou de 55 reunindo a condición de pensionista do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b)Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia
c)Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
d)Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia, nin padecer enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
e)Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f)Acadar puntuación suficiente no baremo de acceso.