Campamento de Verán 2024
Dirixido a nenos e nenas empadroados non Concello de Paradela que cursen estudos en calquera Centro de Educación Infantil e Primaria con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. Tamén poderán participar nenos e nenas co perfil de idade mencionado anteriormente que estean empadroados noutros Concellos pero que teñan vinculación familiar con persoas empadroadas no Concello de Paradela.
PREINSCRICIÓN: Do 17 ao 28 de xuño nas oficinas xerais ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Paradela
TEMPORALIZACIÓN: Do 1 de xullo ao 30 de agosto (ambos incluídos en días lectivos).
HORARIO: De 10 a 13.30
LUGAR: Polideportivo do Colexio Público de Paradela. Dependendo das condicións climatolóxicas programaranse actividades noutras localizacións do Concello: piscina municipal ou visitas na contorna do Concello.
EMPRESA XESTORA DO CAMPAMENTO: COESCO S.L.U