• Galego
  • Español

Punto limpo móbil do Concello de Paradela

Vostede está aquí

O Concello de Paradela foi beneficiario das axudas concedidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da xunta de Galicia, ao abeiro da Orde 1 de xullo de 2021, para a adquisición dun punto limpo móbil destinado á recollida de diversos residuos especiais de competencia municipal.

A axuda percibida por parte da devandita Consellería permitiu cubrir un 80% do custe total do proxecto grazas ao financiamento do Fondo Feder da Unión Europea.

Obxectivos do proxecto

Coa execución do proxecto o Concello de Paradela persegue:

  • Adquirir os medios materiais para:

    • Ampliar a recollida selectiva de residuos domésticos especiais de competencia municipal a todas as parroquias do concello.

    • Recoller de xeito separado os seguintes tipos de residuos de orixe doméstica: colchóns, aceite de cociña usado, pilas e baterías, tubos fluorescentes, lámpadas non fluorescentes, roupa e calzado, pequenos electrodomésticos, papel e cartón, envases de vidro, envases de plásticos e metal.

    • Achegar a recollida selectiva de residuos domésticos especiais de competencia municipal aos núcleos de poboación do concello.

    • Xestionar a totalidade dos residuos recollidos no punto limo móbil mediante xestor autorizado.

  • Desenvolver unha campaña de comunicación que permita reducir a 0 os vertidos ilegais no concello de Paradela.

  • Establecer un sistema de indicadores que permitan avaliar a eficiencia técnica e ambiental da recollida.

Amais, o proxecto do punto limpo móbil do concello de Paradela permitirá avanzar no cumprimento das obrigas legais que se derivan da nova Lei de residuos e contribuír á conservación das paisaxes e do rico patrimonio natural do municipio.

Resultados agardados:

De seguido recóllese a cantidade de cada tipoloxía de residuos que se agarda recoller coa posta en marcha do novos servizo

  • Colchóns e residuos voluminosos: 7.192 kg/ano.

  • Aceite de cociña usado: 139 kg/ano.

  • Pilas e baterías: 3 kg/ano.

  • Residuos de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, pequenos electrodomésticos e lámpadas (tanto fluorescentes como non fluorescentes): 61 kg/ano.

Concello de Paradela