O Polígono Industrial está situado no lugar de O Gandarón. Ten unha superficie de 31.839,60 m2 e consta de 19 parcelas.
As parcelas teñen distintas superficies, sendo a máis pequena de 864,40 m2 e a máis grande de 2.303,37 m2, no seguinte cadro podes consultar as superficies e os prezos de cada parcela:
Existen dúas posibilidades á hora de instalarse no polígono de Paradela, mercar o solo ou ben nave construída.
No caso de adquirir a parcela, o prezo é de 27,20 €/m2 máis o IVE. Coa sinatura da escritura habería que pagar o IVE, o principal pode ser financiado ata 5 anos con pagos trimestrais ou mensuais ao interese legal, fixado para o ano 2015 en 3,50%.
No caso de adquirir a nave construída, estaría incluído o proxecto de obra sen actividade, dirección de obra, licenza de obra, plan de seguridade e saúde e plan de xestión de residuos. Coa entrega da nave habería que pagar o IVE ao contado, o principal podería ser financiado ata cinco anos con pagos trimestrais ou semestrais ao interese legal, fixado para o ano 2015 en 3,50%.
A financiación é directa, non son necesarios avais adicionais máis que a parcela e a nave. No caso de requirir finaciación adicional, unha das posibilidades poderían ser os Préstamos Jeremie do Igape
Se desexa recibir máis información sobre as parcelas do polígono industrial de Paradela pode facelo no Concello de Paradela (Tfno.: 982 54 11 01) ou ben en SUPLUSA (Tfno.: 982 283 038)
© Concello de Paradela
Política de privacidade e Aviso Legal
GaliciaDigital, 2018-2023