• 10 Feb 15

CONVOCATORIA E PROCESO DE SELECCIÓN DE OPERARIO DE SERVIZOS PARA A REALIZACIÓN DAS TAREFAS DE LIMPEZA, MANTEMENTO E PROTECCIÓN DO TRAMO DO CAMIÑO FRANCÉS QUE DISCORRE POLO CONCELLO DE PARADELA

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 033 de data 10 de febreiro de 2015, publicouse o anuncio da  Convocatoria da selección de persoal laboral para ocupar, con carácter temporal, unha (1) praza de operario de servizos para actuacións de limpeza e mantemento do Camiño Francés ao seu paso por Paradela, a xornada completa por un período de nove meses.

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Paradela, en horario de 9 a 14:30 horas de luns a venres e de 10:00 a 14:00 os sábados, ou por calquera dos medios previstos no art. 38 da lei 30/92 de 26 de novembro. Cando as solicitudes se presenten fora do Rexistro do Concello, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir unha comunicación por fax ao Concello (982541232) ou ao correo electrónico concello.paradela@eidolocal.es comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente.

 

O prazo de presentación será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As bases íntegras, así como as sucesivas publicacións, terán lugar unicamente no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na súa páxina web (www.paradela.es)

 

Descargar bases en PDF

Descargar modelo de solicitude en DOC