O XOVES 6 DE MARZO FOI INAUGURADA A EXPOSICIÓN DO POETA PARADELENSE MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE SARRIA
O xoves 6 de marzo foi inaugurada a exposición do poeta paradelense Manuel Rodríguez López ( www.manuelrodriguezlopez.org ) na Casa da Cultura do Concello de Sarria.
Esta exposición, na que ao longo de dezaseis paneis se da conta da vida e obra do poeta, ten carácter itinerante e estivo previamente no Centro Sociocultural de Paradela e no Museo Provincial de Lugo. Foi posible co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo e Concello de Paradela.
Poderá visitar desde o 6 ao 21 de marzo en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 h na Casa da Cultura de Sarria.