FIRMADO UN CONVENIO ENTRE A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS GALEGOS DO CAMIÑO FRANCÉS A SANTIAGO, QUE ESTE ANO PRESIDE O ALCALDE DE PARADELA, E A XUNTA DE GALICIA.
O xoves, 26 de decembro asinouse no Salón de Plenos do Concello de Paradela un convenio entre a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés a Santiago, que este ano preside o alcalde de Paradela, e a Xunta de Galicia.
O acto contou coa presenza da Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias e os alcaldes que integran a mancomunidade.
Mediante este convenio, a Mancomunidade recibirá 373.000 €, que ser repartirán entre os concellos a razón de 1.400 € por quilometro de camiño para tarefas de limpeza e conservación, ademais de 14.000 € por concello para a contratación de informadores turísticos e a programación de actuacións musicais entre os meses de xuño a setembro.