• 22 Jul 13

COBERTURA DE BANDA ANCHA

A torre instalada no lugar de O Coto (Castro de Rei) no Concello de Paradela comezará a funcionar esta semana para dar cobertura de banda ancha aos lugares de Bidul, O Colado, Gondar, Lusoiros, O Vilar, Abelleiroá, Acevedo, Bariz, Feas, Rañadoiro, Valmigallo, Rosende, Riocabo, así como a Mañariz no Concello de O Saviñao e Carballos no lugar de Taboada.

 

Así mesmo empezarán nestes días as obras no lugar de Pena Veitureira para a instalación dunha torre para dar cobertura de banda ancha aos lugares de Bacorelle, Bustaregas, Carballedo, Carballosa, Espiño, Mazo, Mide, Paredes de Abaixo, Paredes de Arriba, Pereiro, Portocarreira, Sacadoiro, Uceirablanca, Val do Couto, Zouro no Concello de Paradela e Souceda no Concello de O Saviñao.

 

Estas instalacións foron realizadas pola sociedade pública mercantil da Xunta de Galicia Redes de Telecomunicación Galegas Retegal S.A. dentro do Plan Director de Banda Larga da Xunta de Galicia.