• 23 Nov 12

RECOLLIDA DE ENSERES PARA LEVAR Ó PUNTO LIMPIO

Co fin de dar solución, con carácter inmediato, ao problema que se plantea para cada un dos nosos domicilios o desfacerse de obxectos que non son considerados residuos domésticos e como consecuencia, non poden ser depositados no contedor de lixo correspondente nin recollidos polo camión do lixo. O Concello decide establecer gratuíta e experimentalmente, a recollida de enseres como colchóns, neveiras, lavadoras, etc. para o seu posterior traslado ao PUNTO LIMPO DE SARRIA.

 

ESTES OBXECTOS DEBERÁN SER DEPOSITADOS NAS INMEDIACIÓNS DO CONTEDOR EXISTENTE O DÍA 17 DE DECEMBRO DE 2012. ASIMESMO PREVIAMENTE DEBERÁN COMUNICAR AO CONCELLO, PERSOALMENTE OU BEN POR TELÉFONO (982541101) O TIPO DE RESIDUO QUE DEPOSITAN.

 

Reiteramos a colaboración de todos no sentido de que o lixo doméstico se deposite dentro dos contedores en bolsas pechadas e non depositar ningún outro obxecto como se fai en varias ocasións.

 

Polo ben xeral, as botellas de cristal deben separarse e depositalas no contedor específico máis próximo.