XVII EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTES RODRÍGUEZ LÓPEZ
ACTA DE CONSTITUCION DO XURADO
"XVII EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTES RODRÍGUEZ LÓPEZ".
Reunidos no Salón de Sesións do Excmo. Concello de Paradela, sendo as doce horas do día vinte e sete de abril de dous mil doce, o xurado formado polos Señores D. José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela como Presidente; D. José Carlos Rodríguez Andina (Xefe de Servizo da Área de Cultura da Xunta de Galicia); D. Santiago Rodríguez López (Fillo do homenaxeado); D. Xesús Mato Mato (Crego); D. Xulio Xiz Ramil (escritor e xornalista); e D. Xavier Rodríguez Barrio (poeta) como vogais; e D. José López González, Secretario do Concello de Paradela, que da fe do acto.
Constituido o xurado en forma e coa ausencia de D. Xavier Rodríguez Barrio e D. Santiago Rodríguez López, procedeuse a efectuar unha valoración da evolución experimentada polo Certame Literario dende a súa creación, cumprindo a súa XVII Edición, orixinando un balance extraordinario, tendo en conta a dotación económica do premio; debido a presentación de novecentas cincuenta e oito obras (958), o que supuxo que nesta edición se quintuplicase a media de obras presentadas nas anteriores edicións, un feito histórico, pero de seguro tamén unha das participacións máis altas de cantos certames se organizan no país; excelente non só polo número senón tamén pola calidade das mesmas.
Das novecentas cincuenta e oito obras (958) obras, catrocentas vinte (420) corresponden a categoría de poesía e cincocentas trinta e oito (538) a de narrativa. Debido o gran número de obras remitidas dende o extranxeiro, especialmente de toda América, hai unha maioría de obras redactadas en castelán.
Resaltar o feito de que a maior parte das obras, en concreto, oitocentas oitenta e seis (886) foron presentadas a través de medios telemáticos, o que se traduce na evolución e adaptación do Certame cos tempos que corren e o esforzo do Concello en facilitar aos autores os medios de presentación das súas creacións; así coma o traballo de organización para asegurar que todas as obras presentadas chegaran ás mans dos membros do xurado.
Suliñar especialmente este ano o esforzo e a dificultade do Xurado ao ter que valorar este número tan elevado de obras, nas que non só as premiadas senón outro bo número delas destacan pola súa calidade e por iso se decidiu outorgar por primeira vez, en ambas categorías, dúas mencións de honra.
A continuación o xurado procedeu a calificar as obras presentadas e atopadas conforme as bases no seu día aprobadas.
O xurado por unanimidade dos membros presentes, acorda:
PRIMEIRO.- Outorgar o premio de POESÍA, á obra presentada baixo o lema “Epicteto”, titulada SIETE SONETOS PARA EL MAR. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Don José Antonio Repeto González de Jerez de la Frontera (Cádiz).
Asimesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésit no apartado de POESÍA.
-Accésit, á obra co lema e título ESPERTO CARAVEIS MOLLADOS. Aberto o sobre compróbase que a obra pertence a Don Xosé Otero Canto de Lugo.
-Accésit, á obra presentada baixo o lema “Nerbo”, titulada MANUEL. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Don Marcial González Vigo de Lugo.
As mencións de Honra recaeron, na obra titulada FEDERICO cuxa autora é Dona Margarita Souvirón López de Málaga e a obra baixo o lema “Calíope”, titulada POLIFONÍA LITERARIA EN SI MAIOR pertencente a Dona Yoli López de Ourense e residente en Madrid.
SEGUNDO.- Outorgar o premio de NARRATIVA, á obra presentada baixo o pseudónimo “Marcos Sánchez” e titulada POR LA RESIDENCIA AGUANTAMOS. Aberto o sobre comprobase que a obra pertence a Don Erick Hernández Morá de nacionalidade cubana e residente en Miami (Estados Unidos).
Asimesmo, o Xurado acorda outorgar dous Accésits no apartado de NARRATIVA
- Accésit, á obra presentada baixo o lema “O Canteiro” e co título A MOEDA DE PEDRA. Aberto o sobre, compróbase que o seu autor é Don Pepe Pol de Montefurado – Quiroga.
- Accésit, á obra presentada baixo o lema “Penélope”, título ULISES VOLTA DAS ILLAS. Aberto o sobre, compróbase que a obra pertence a Don Xaime Domínguez Toxo de Pontevedra.
As dúas mencións de Honra recaeron na obra baixo o lema e título LA ISLA DE SAN SIMÓN cuxa autora é Dona Sofía Rodríguez Suárez de Fornelos da Ribeira – Salvaterra de Miño (Pontevedra) e a obra baixo o lema “Adamar” e titulada A NOVENA ONDA pertencente a Don Marcos Dios Almeida de Vilaboa (Pontevedra).
E para constancia do tratado, levantase a presente acta por sextuplicado exemplar, que é asinado por todos os membros, en Paradela na data arriba indicada, sendo as trece horas e quince minutos, do que eu, como Secretario dou fe.